FIXINCLUDES(1) [FIXME: manual] FIXINCLUDES(1)

fixincludes - Reduce o número de #includes nos ficheiros de fontes de KDE

fixincludes [-v, --verbose] [-e, --experimental] [-m, --modify] [ficheiro] [--help]

fixincludes tenta reducir o número de #includes nos ficheiros de fontes de C++. Grande parte do que fai é específico para as fontes de KDE polo que posibelmente non traballe tan ben con fontes de programas que non sexan de KDE.

Foron identificados os seguintes problemas de fixincludes:

•Incluír cabezallos que deixaron de estar soportados pero que existen por compatibilidades con versións anteriores de Qt/KDE;
•Incluír o mesmo ficheiro múltiplas veces.

Temén hai un modo experimental que tenta eliminar un #include de cada vez (cunhas poucas excepcións) para ver se as fontes aínda compilan. Lembre que este é un modo experimental que modificará as fontes orixinais.

Por omisión, as fontes non serán modificadas; os problemas que sexan identificados serán notificados pola saída estándar.

A lista de fontes C++ a examinar debe ser indicada na liña de comandos. Se non indica nengún ficheiro, todas as fontes C++ no ou dentro do directorio actual serán examinadas (coa excepción dos directorios nos que o seu ficheiro Makefile.am conteña a opción -UQT_NO_COMPAT ou -UKDE_NO_COMPAT)

Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.

-v, --verbose

Modo verborreico. Móstrase información adicional de depuración pola saída estándar.

-e, --experimental

Modo experimental, definido en detalle anteriormente. Lembre que esta opción implica un --modify.

-m, --modify

Ademais de escreber na saída estándar, modificará de verdade as fontes orixinais para corrixir os problemas que fosen encontrados.

fixincludes foi escrito por Dirk Mueller <mueller@kde.org>.

Ben Burton <bab@debian.org>

Autor.
7 de abril de 2003 [FIXME: source]